• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación de Sonda Internacional: xornalismo visual sobre a crise climática

Vostede está aquí

Presentación de Sonda Internacional: xornalismo visual sobre a crise climática

Presentación de Sonda Internacional: xornalismo visual sobre a crise climática

Prazas limitadas!

O vindeiro   xoves, día 30 de novembro, ás 19 horas,    terá lugar na sede do CEIDA, o   Castelo de Santa Cruz (Oleiros),   a presentación do novo medio de comunicación   'Sonda Internacional'. 

Sonda Internacional é un medio de comunicación independente e sen ánimo de lucro especializado en xornalismo visual sobre a crise climática. Fundado en maio de 2022 por un pequeno grupo de xornalistas cunha ampla traxectoria en información internacional, migracións, conflitos e ecoloxía humana, co obxectivo de crear un espazo para desenvolver proxectos de longo percorrido: xornalismo en profundidade e de calidade. 

Máis información do proxecto:  https://sondainternacional.com 

Obxectivos DESTE medio de comunicación
  • Resaltar a través do xornalismo visual as consecuencias dramáticas do cambio climático.
  • Poñer exemplos a nivel planetario e local destas graves consecuencias.
  • Concienciar a través de imaxes dos efectos do cambio climático respaldando o que nos contan os informes científicos.
  • Presentar un xornalismo de solucións, documentando os proxectos que funcionan para non falar só do negativo.
  • Contar as historias que se ocultan detrás das fotos.
Participan
  • Santi Palacios.   Fotoxornalista e director de Sonda Internacional. O seu traballo centrouse en migracións, conflitos e ecoloxía humana e recibiu numerosos recoñecementos, como o World Press Photo, o premio Ortega y Gasset ou o Nacional de Fotoxornalismo. Tamén formou parte do equipo nominado pola axencia Associated Press ao Premio Pulitzer na categoría Breaking News Photography.
  • Mikel Konate.   Videoxornalista independente centrado en migracións, conflitos e crise climática. O seu traballo emitiuse en medios de comunicación de todo o mundo e a súa cobertura das migracións no Mediterráneo Central valeulle o premio Rory Peck Trust.
  • Lily Mayers.   Xornalista multimedia australiana. Alí cubriu dende política e sucesos, ata as maiores catástrofes ambientais da rexión, incluída a emerxencia de incendios forestais de Nova Gales do Sur en 2019. En España o seu traballo céntrase na cobertura da actualidad española e europea.
  • Simón Casal.   Guionista e director. Traballa en ficción e en documental de xénero histórico, científico e político. As súas películas recibiron recoñecementos como o Gran Premio do Xurado no WorldFest en Houston, ou premios a Mellor Documental e Mellor Director en festivais especializados como o FICAB e o AI Int. Film Fest en Salt Lake City (Utah).
Reserva de prazas

Como as prazas son limitadas, prégase confirmar asistencia a través do formulario ou vía telefónica.

Accede ao Formulario

Teléfono: 981 63 0618

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio