• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Presentación do libro 'Como se formou esta paisaxe? Xeoloxía de Galicia'

Vostede está aquí

Presentación do libro 'Como se formou esta paisaxe? Xeoloxía de Galicia'

Presentación do libro 'Como se formou esta paisaxe? Xeoloxía de Galicia'

A programación de actividades de outono continúa en outubro cunha proposta para achegarnos á xeoloxía de Galicia e descubrir que historia agochan as súas paisaxes.

O vindeiro xoves,   1 de outubro, ás 19 horas,  presentamos   Como se formou esta paisaxe? Xeoloxía de Galicia,  do xeólogo e divulgador científico   Eduardo González Clavijo.  A través desta obra, o autor convídanos a descubrir como se foi formando a paisaxe galega e a comprender os procesos xeolóxicos que están detrás dalgúns dos seus elementos máis característicos.

Durante o acto, o escritor estará acompañado pola xeóloga e técnico da Cámara Oficial Mineira de Galicia   Irene Pérez Cáceres.

Sobre a obra

A xeoloxía é unha ciencia nova e pouco coñecida. Todo o mundo ten algúns coñecementos dos animais, das plantas, da arquitectura e das tradicións da súa contorna, pero poucas persoas se cuestionan como se orixinou o chan que pisan cada mañá, ou a paisaxe que ven cada día. 

Por iso, este pequeno traballo trata de facer chegar aos afeccionados e ás afeccionadas os coñecementos actuais sobre a xeoloxía de Galicia dun xeito accesible, a un nivel divulgativo, pois existe un crecente interese en coñecer a apaixonante historia do planeta Terra, a súa evolución e a súa influencia na nosa vida diaria.

Sobre o autor, Eduardo González Clavijo

Xeólogo pola Universidade de Salamanca, traballa en diversos campos da xeoloxía, ciencia da que desde 2013 é un incansable divulgador. Forma parte do equipo de coordinación nacional de Geolodía, que, organizado pola Sociedade Xeolóxica de España, é un dos eventos máis importantes a nivel internacional de divulgación e sensibilización da poboción sobre a necesidade de coñecer e protexer o noso patrimonio xeológico. 

Neste mesmo campo, deseñou rutas e realizou traballos de divulgación para a Cámara Oficial Mineira de Galicia, o Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos, a Xunta de Galicia, AEPECT e SIGMADOT, entre outras organizacións. Ademais, imparte habitualmente cursos e actividades de campo para diversas asociacións e empresas.

É autor dunha decena de artigos sobre divulgación científica e minería de ouro romana.

Sobre Irene Pérez Cáceres

É xeóloga e é a responsable da Oficina Técnica da Cámara Oficial Mineira de Galicia, onde se xestiona o Catastro Mineiro de Galicia e coordina actividades de divulgación de recursos minerais e Patrimonio Mineiro.

A súa formación académica inclúe Licenciatura en Xeoloxía da Universidade de Salamanca, Máster en Recursos Xeolóxicos e Geotecnia da Universidade de Oviedo e Doutoramento en Ciencias da Terra na Universidade de Granada.

Traballou en proxectos científicos en organismos públicos de investigación, universidades e colaborado con institucións internacionais, onde se especializou en evolución tectónica do Macizo Ibérico, traballando en contornas como Pireneos, Andes, Huelva, Portugal e Galicia.

É membro da Sociedad Geológica de España, vogal da Comisión de Mulleres e Xeoloxía, e membro do comité científico do Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel.

Acto de presentación

O acto de presentación terá lugar o    xoves, 1 de outubro, ás 19 horas, nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora, actual sede da biblioteca e centro de documentación ambiental. 

Agradecemos confirmar asistencia no teléfono 981 630 618 ou no seguinte formulario:

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
[email protected]

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio