• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro 'Cuentos con corazón y mucha naturaleza' de María Mayorga

Vostede está aquí

Presentación do libro 'Cuentos con corazón y mucha naturaleza' de María Mayorga

Presentación do libro 'Cuentos con corazón y mucha naturaleza' de María Mayorga

Confirma a túa asistencia!

A educadora social e escritora   María Mayorga Martín,  presenta na nosa biblioteca e centro de documentación ambiental a segunda edición do libro   Cuentos con corazón y mucha naturaleza  (autoedición), un libro para familias exploradoras, docentes verdes e persoas sensibles e amantes dos libros e da natureza, que nos transportan á vida salvaxe que sucede nas árbores, tobos ou campos. Con ilustracións de Iria Cagigao, a obra inclúe unha guía didáctica sonora coa voz de María Llorens. No acto participan   Bibiana Marful CastañalWalter Torrón.

Sobre a autora e a obra:

María Mayorga é nai, creativa, escritora, defensora da voz da infancia e os seus marabillosos talentos, e apaixonada do abraio. Coñecida tamén por  In Natura,   a curiosidade e a escritura lévana a crear sementes divulgativas e a participar en artigos, investigacións e libros que divulguen a natureza e a conexión con ela e as súas linguaxes. Esta autopublicación de 2022 que en outubro de 2023 chegou á 2ª edición, é unha semente coa que contribuir á cultura da infancia e a natureza e impulsar a publicación independente, bela e con amor. Nela participan moitas persoas con fíos infinitos e grandes corazóns que fan do libro un refuxio sensible de contos para a infancia e o mundo adulto.

Cuentos con corazón y mucha naturaleza  conta cunha primeira parte sobre a narrativa, fundamentación e estrutura dos contos; e unha segunda parte que recolle 13 contos que nos convidan a ir de aventuras e andanzas polas diferentes contornas naturais. Todos eles poden ser contados ao aire libre e con elementos naturais que atopemos. O prólogo da obra é de Antonio Rincón, e conta cun preámbulo de Katia Hueso e Gisela Narvaja.

Bibiana Marful Castañal

Cofundadora, coordinadora pedagóxica e acompañante do proxecto  Nenea, medrar creando.   Pedagoga, formadora, profesora e titora da UNED, é unha das referentes en España sobre aprendizaxe na natureza. É un dos fíos que tece a liña a de vida dos contos do libro desde a súa experiencia de muller, contadora, narradora e creadora de contos contados, rimados e cantados. Os contos para Bibiana son o modo de achegarnos como adultas a ese mundo de fantasía, navegando con eles a través da imaxinación.

Walter Torrón
Creador e deseñador gráfico de Unívoco Diseño. Minucioso, creativo e especialista nos detalles que fan dunha publicación algo redondo, orixinal e pulido.

O acto de presentación terá terá lugar o   vindeiro xoves, 6 de xuño, ás 19 horas,   nas antigas cabalarizas do   Pazo de Lóngora.

Como o aforo é limitado,   agradecemos confirmar asistencia no seguinte     FORMULARIO.  Tamén se pode reservar no teléfono 981 630 618.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio