• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro ‘Gotas desde a terra até às nuvens’ de Adela Figueroa Panisse

Vostede está aquí

Presentación do libro ‘Gotas desde a terra até às nuvens’ de Adela Figueroa Panisse

Presentación do libro ‘Gotas desde a terra até às nuvens’ de Adela Figueroa Panisse

Aforo limitado

O vindeiro  xoves, 19 de setembro,  a escritora, bióloga e activista  Adela Figueroa Panisse “Curra”,  presenta o libro  ‘Gotas desde a terra até às nuvens',  na nosa biblioteca e centro de documentación ambiental. O acto terá lugar no  xardín do Pazo de Lóngora ás 19 h.,  e acompañarán á autora o director do CEIDA, Carlos Vales, e a animación musical de Eládio Rodriguez Fernándes.

‘Gotas desde a terra até às nuvens’

Obra de teatro bilingüe portugués-español para crianzas desde os 5 anos, pensada para ser empregada nas aulas, que busca aprender, xogando, sobre a importancia da auga para a vida na Terra. O libro inclúe músicas de Xaquin Facal e ilustracións de Celsa Sánchez e recibiu o Premio de Teatro Infantil da Asociación Cultural O Facho.

Ademáis de mostrar aos máis novos o ciclo hidrolóxico, ‘Gotas desde a terra até às nuvens’, publicado pola Editorial Novembro, pretende introducir nos conceptos matemáticos de mínimo e de infinito. Isto porque a matemática domina toda a vida, a natureza e o cosmos. Por iso fai referencia ás infinitas gotas de auga que poden formar unha poza, un río, unha nube ou o mar, todas ligadas unhas con outras.

Curra Figueroa 

Bióloga, activista e escritora galega. Participou na fundación de organizacións como ADEGA, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a revista 'O Ensino', da que foi directora. Ten colaborado en diferentes revistas como 'Cerna', 'ENCIGA', 'Agália' ou 'Portal Galego da Língua' e en xornais como 'El Progreso', 'La Voz de Galicia', 'Xornal.com', 'Vieiros', 'A Nosa Terra', 'Praza Pública', 'Sermos Galiza' e 'Nós Diario'. É autora de poesía feminista, de compromiso ambiental e social, de amor e erótica, como ‘Vento de amor ao mar’, ‘Xanela aberta’, ‘Madeira de muller’, ‘Atlantidae, muller d’agua’, ‘Matria, poesía para a Terra’, entre outros. Destacan tamén as súas obras infantís e xuvenís ‘O Rei da Floresta’, ‘O misterio da escada interior’ ou ‘Carmen o os caracóis marinhos’.

Como o aforo é limitado, agradecemos confirmar asistencia no seguinte    FORMULARIO

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio