• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro 'La loba y el podenco: cuando el monte huele a pólvora' de Concha López Llamas

Vostede está aquí

Presentación do libro 'La loba y el podenco: cuando el monte huele a pólvora' de Concha López Llamas

Presentación do libro 'La loba y el podenco: cuando el monte huele a pólvora' de Concha López Llamas

O vindeiro    xoves, 18 de abril,  a escritora e catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria, amplamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación,   Concha López Llamas,  presenta o seu último libro  'La loba y el podenco: cuando el monte huele a pólvora',  editado por Bohodón Edicións. O acto terá lugar na nosa biblioteca e centro de documentación ambiental, ubicado nas    antigas Cabalarizas do Pazo de   Lóngora     (Rúa Casares Quiroga, 29 - Liáns, Oleiros)   ás 19 h.

'La loba y el podenco: cuando el monte huele a pólvora'.

Anuk, unha loba de A Carballeda zamorana, loita por manter a vida que o home trata de arrebatarlle. Diversos avatares farán que inicie unha relación cun xoven podenco, abandonado polo seu amo durante unha xornada de caza. Atoparán os cánidos a maneira de coexistir e de coordinarse para facerse máis fácil e agradable a existencia?

Tres cazadores entrecruzan os seus pasos, no territorio de Anuk, cos dunha familia e a súa cadela, necesitados de reconectar co silvestre. Como afectará esta circunstancia á loba e ao podenco? E á familia interespecie que intenta pasar as vacacións nun espazo de xenerosa biodiversidade? Esta vibrante historia de ficción profundiza no comportamento das dúas especies de cánidos da man da etoloxía, ademáis de aproximarnos ao pensamento ecofeminista contraposto ao patriarcado.

Concha López Llamas

Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria, amplamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación didáctica (tres Premios Francisco Giner de los Ríos á Innovación Educativa, do Ministerio de Educación y Ciencia; Premio á Innovación Docente da Universidad Carlos III de Madrid; ou Premio pola Elaboración de Materiais Didácticos da Comunidad de Madrid; entre outros). Destaca como divulgadora da Ensinanza das Ciencias a través de numerosos artigos, publicacións e relatorios.

Nos últimos anos inicia a súa andadura no mundo da narrativa con “Bajo el Dominio del Río Negro. Mirada interior de una naturalista” (2011); “La Piel Restaurada” (2012); “Beatriz y la loba” (2014); Espejo Lobo (2018); e do ensaio con “Yo ecofeminista. Vivencias y pensamientos en diálogo transformador” (2022). Tamén ten participado en obras colectivas como “Llop Art. Lárt dona la benvinguda al llop) (2017); e “Ábrete cielo” (2020). 

Como o aforo é limitado, agradecemos confirmar asistencia no seguinte   FORMULARIO   ou no teléfono 981 630 618.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio