• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Presentación do libro 'Ser cetáceo' de Francisco X. Fernández Naval

Vostede está aquí

Presentación do libro 'Ser cetáceo' de Francisco X. Fernández Naval

Presentación do libro 'Ser cetáceo' de Francisco X. Fernández Naval

Prazas limitadas!

O recoñecido poeta e narrador  Francisco X. Fernández Naval,  presenta na nosa biblioteca e centro de documentación ambiental o libro  Ser cetáceo  (Bululú Edicións), ensaio naturalista co mundo dos cetáceos como fío condutor. Escrito en primeira persoa, fainos gozar dos seus anos de investigación, das viaxes, da historia (persoal, local e internacional), das empresas e da arte que se crearon ao redor dos cetáceos e guíanos por un percorrido polas principais culturas baleeiras, o seu comercio e industria, a súa cultura… demostrándonos a profunda pegada que deixaron en todos os pobos do planeta e, por tanto, nas vidas de millóns de seres humanos.

Sobre o autor:

Francisco X. Fernández Naval (Ourense 1956). Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Poeta e narrador, traballa os variados ámbitos da escrita: novela, relato, poesía, literatura infantil e xuvenil, ensaio, literatura da natureza e de viaxes, teatro, guións de cine e televisión e artigos en publicacións colectivas, xornais e revistas galegas, españolas, portuguesas e americanas.

En 1980, co seu primeiro libro de poemas, A fonte abagañada, gañou o premio de poesía Cidade de Ourense; e en 1988, coa primeira novela, O bosque das antas, recibiu o premio Xerais. Dedicou dous ensaios a análise da figura de Julio Cortázar e a súa relación con Galicia: Respirar polo idioma, os galegos e Julio Cortázar e O soño galego de Julio Cortázar, o primeiro publicado en castelán en Bos Aires pola editorial Corregidor, o segundo gañador do premio Ánxel Casal do ano 2014.

A novela A noite branca recibiu o premio Irmandade do libro ao mellor libro galego de 2012 e Os contos da avoa Pepa o de mellor libro infantil de 2018.

O acto de presentación terá terá lugar o   vindeiro xoves, 21 de marzo, ás 19 horas,   nas antigas cabalarizas do  Pazo de Lóngora.

As   prazas son limitadas,   polo que agradecemos confirmar asistencia no seguinte     FORMULARIO.  Tamén pode reservar no teléfono 981 630 618.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio