A Illa de Santa Cruz, en Oleiros, conta cun rico patrimonio natural e cultural froito principalmente da súa localización no interior da Ría da Coruña.
Este patrimonio mestúrase coa peculiar historia do Castelo de Santa Cruz que, ao longo destes catro séculos, foi e é un baluarte de defensa: defensa da cidade da Coruña dos ataques navais; defensa da cultura coa estancia da escritora Emilia Pardo Bazán; defensa social coa organización de colonias de verán para nenos e nenas orfos; e defensa do medio ambiente a través do CEIDA.
Para dar a coñecer todo este patrimonio natural e histórico, e dentro do programa “Para unha Transición Ecolóxica” que o CEIDA desenvolve xunto á Deputación da Coruña, comeza un programa de visitas guiadas dirixidas a todos os públicos de forma totalmente gratuita durante este verán, que se desenvolverá desde o martes 1 de xullo ata o venres 29 de agosto de 2025.
Esta actividade terá lugar todos os martes, xoves e venres ás 12:00 h., e o aforo será limitado a 15 persoas por grupo.
Quedas convidado/a a descubrir e desfrutar das pequenas marabillas que se agochan neste lugar!!
Reserva a visita guiada a través deste formulario:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org