O CEIDA e o IBADER - Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural - acaban de editar a publicación 'Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación', que aborda a problemática das especies exóticas invasoras e a súa situación no territorio galego. A publicación recolle os relatorios presentados durante o transcurso do seminario formativo 'Especies exóticas invasoras: situación e propostas de mitigación', organizado polo CEIDA e celebrado no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) durante o mes de outubro de 2017.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org