O vindeiro mércores, 18 de outubro, ás 19 horas, terá lugar a sexta sesión do clube, coa seguinte proposta:
La novela del agua, un drama ambiental e distópico que nos presenta un futuro gravemente afectado polo cambio climático, escrito pola autora e guionista noruega Maja Lunde, considerada actualmente unha das autoras máis relevantes do panorama literario noruego. La novela del agua é o segundo libro da súa tetraloxía do clima que iniciou co libro La historia de las abejas.
As prazas son limitadas!
Se estás interesado/a en participar, envíanos a túa solicitude a través do seguinte FORMULARIO
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org