O Concello de Oleiros, co apoio técnico do CEIDA e a colaboración do GAC Golfo Ártabro, acaba de abrir tres novas convocatorias para a realización de roteiros polo Monumento Natural Costa Dexo-Serantes abertos a todos os públicos. As citas serán o xoves 12, sábado 21 (prazas esgotadas!) ou xoves 26 de marzo, en horario de 11 a 14 h., e incluirá ademáis unha visita á Aula do Mar dos Faros de Mera. As prazas son limitadas, sendo imprescindible a inscrición previa no seguinte FORMULARIO
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org