O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia vendo a progresión dos casos de COVID-19, e seguindo as indicacións da Consellería de Sanidade e da Xunta de Galicia, comunica:
Estas actividades levaranse a cabo nos vindeiros meses, comunicaremos as novas datas de realización en canto sexa posible.
En canto aos servizos de Documentación Ambiental, activamos o préstamo de longa duración para as persoas que neste momento teñen libros ou outros recursos na casa. O préstamo postal queda suspendido temporalmente, mais continuaremos dando soporte bibliográfico a través das pesquisas especializadas de documentación online.
Lamentamos as molestias que esta decisión poidan ocasionar e seguiremos informando segundo evolucione a sitación.
Para máis información poden contactar co equipo do CEIDA no 981 630 618, no 638 169 316 ou no correo electrónico ceida@ceida.org
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org