O clube de lectura CLOROFILA é unha invitación do noso Centro de Documentación Ambiental para achegarse á natureza a través da literatura. Xa sexa dende a narrativa ou do ensaio, este clube pretende dar a coñecer obras de temática ambiental para explorar o mundo que nos rodea, creando un espazo para a conversa e o intercambio de ideas, unha chamada á acción a través da lectura. Mais CLOROFILA é, sobre todo, un espazo para coñecernos e gozar das lecturas verdes, para o diálogo colectivo, para compartir, para falar de forma distendida e poñer en común temas ambientais e sociais que nos afectan a todos.
O vindeiro martes, 11 de abril, ás 19 horas, terá lugar a terceira sesión do clube, coa seguinte proposta:
Canto yo y la montaña baila, da autora catalana Irene Solá (Malla, 1990), editado por Anagrama. Trátase da segunda novela desta escritora, poeta e artista, considerada unha das voces de maior proxección do panorama literario catalán actual. Con ela escapamos do xénero de literatura de natureza, para adentrarnos nunha obra orixinal e chamativa que recrea un mundo no que da voz a múltiples personaxes, entre eles, a moitos elementos da natureza.
Os libros xa están á vosa disposición na sede do noso Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, as antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora!
Se estás interesado/a en participar, apúntante a través do seguinte FORMULARIO.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org