A Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental (RECIDA), á que pertence o noso Centro de Documentación Ambiental, acaba de elaborar unha nova guía de recursos para conmemorar o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil: Verde que te leo Verde. Esta guía, coordinada polo Centro de Documentación do Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM), contou coa colaboración de Teachers for Future e a Asociación de Periodistas de Información Ambiental (APIA), e nela se pode atopar unha importante selección de obras de literatura infantil, medio ambiente e ODS, fundamentalmente contos, novelas e cómics, que poden servir como recurso para a educación e sensibilización ambiental.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org