A costa galega é un dos lugares do planeta nos que de maneira máis obvia conflúen actividades como a pesqueira, marítima, portuaria ou turística cunha rica biodiversidade e, ao mesmo tempo, cun importante historial de catástrofes ambientais no medio mariño. En concreto, este territorio posúe unha especial relevancia para a conservación das poboacións europeas e globais dun importante número de especies ameazadas, protexidas a nivel legal mediante a declaración de divesas Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) no medio mariño e litoral.
O proxecto ÁRTABRO 2 xurde como unha segunda fase do proxecto ÁVES ÁRTABRAS, desenvolvido polo CEIDA durante o ano 2019, e que pretendía sentar as bases para a declaración dunha ZEPA para a conservación da poboación de cormorán moñudo, as concentracións de pardela balear e o paso migratorio de aves mariñas no territorio do Golfo Ártabro. Esta ZEPA estaría situada entre outras dúas existentes, o Espazo Marino da Costa da Morte e o Espazo Marino da Costa de Ferrolterra-Valdoviño, conectándoas nunha grande área mariña protexida no noroeste da Península Ibérica, moi próxima tamén á ZEPA Espazo Marino de Punta Candelaria, Ría de Ortigueira e Estaca de Bares, e abarcando así grande parte da costa da provincia da Coruña. O obxectivo de ÁRTABRO 2 é, por tanto, contribuír á conservación das aves mariñas de Europa a través da xestión integral dos espazos mariños Natura 2000.
2020-2021
16 setembro 2021. A poboación de gaivota redúcese nun 70 % na última década
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org