Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente
2016-2017
Galicia conta con seis Reservas de Biosfera que representan o 25% do territorio de toda a Comunidade Autónoma. Ademáis, unha delas é interautonómica (con Asturias) e outra internacional (con Portugal). Forman parte delas unha gran cantidade de espazos naturais protexidos pertencentes á Rede Natura 2000, incluíndo ZECs e ZEPAs, así como Monumentos Naturais e espazos protexidos por outras figuras de conservación internacionais (RAMSAR).
O plantexamento inicial do proxecto era a creación dunha Rede de Reservas de Biosfera en Galicia co fin de fortalecer a xestión das propias Reservas e, en particular, das zonas núcleo. Durante o seu desenvolvemento, tiveron lugar diferentes reunións cos responsables políticos e técnicos das seis Reservas, onde se analizou a situación actual de cada unha delas, as súas carenciase problemas, así como as súas posibles aportacións á Rede. Ao mesmo tempo, todo o proxecto foi acompañado dun proceso de comunicación, educación e sensibilización pública, o que permitiu incrementar a visibilidade das Reservas da Biosfera e conseguir un maior apoio social ás mesmas, a través dos dinamizadores do territorio, a comunidade educativa e os propios órganos de participación das Reservas.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org