• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Programa de Participación Ambiental e Seguimento Fenolóxico e do Estado da Biodiversidade nas Reservas de Biosfera de Galicia

Vostede está aquí

Proxecto fenoloxico Reservas Biosfera Galicia

 

  • Co apoio de

Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente

  • Descrición do proxecto

O 'Programa de Participación Ambiental e Seguimento Fenolóxico e do Estado da Biodiversidade nas Reservas de Biosfera de Galicia' ten como marco territorial as seis Reservas da Biosfera de Galicia e está deseñado co obxectivo de contribuir á conservación da biodiversidade nestes territorios. Está baseado no Programa de Seguimento Fenolóxico da Rede Española de Reservas da Biosfera, que busca o seguimento dos cambios ecolóxicos e de comportamento de especies indicadoras en toda a Península, agrupadas en tres grandes grupos:

  • Aves
  • Vexetación
  • Invertebrados

O programa pretende mellorar o coñecemento sobre estas especies a través do seguimento fenolóxico de especies comúns de flora e fauna, mediante un programa de formación e participación cidadá que empodere e axude ás persoas que habitan nestes territorios e aos seus visitantes como potenciais e necesarios informadores.

  • Ano de realización

2015-2016

 

Máis información

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio