Deputación de Pontevedra
2016-2023
A xestión dos residuos é un dos principais problemas ambientais aos que diariamente se teñen que enfrontar os concellos. A Deputación de Pontevedra fixo unha aposta clara pola colaboración coas Administracións Locais na posta en marcha de prantas de tratamento biolóxico e o impulso da compostaxe comunal, dentro do seu proxecto Revitaliza. Pero é preciso que a poboación local entenda a necesidade de separar a materia orgánica do lixo para reducir os elevados custes de recollida e tratamento, levando estos residuos aos composteiros.
Este programa educativo desenvolvido polo CEIDA en colaboración coa Deputación de Pontevedra, está dirixido a todos os nenos e nenas de primaria e secundaria da provincia, preferentemente a aqueles próximos aos centros de compostaxe comunais que a Deputación instalou en distintos concellos, acompañado dunha formación específica tamén para o profesorado.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org