l
Foi o gran xeógrafo galego Ramón Otero Pedrayo quen deu o nome de Golfo Ártabro ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo. Forman parte del un total de 16 concellos, e ten máis de 200 km de litoral. Os seus ecosistemas mariños e litorais, moitos deles protexidos, son fogar dunha asombrosa cantidade de seres vivos, incluidos golfiños e baleas, flora e fauna ameazadas, algunhas das colonias de aves mariñas máis importantes da Península Ibérica, etc.
Esta publicación, dirixida ao profesorado, forma parte do proxecto “Un mar de vida para a cidadanía”, desenvolvido durante o 2018 polo CEIDA, e ten como obxecto divulgar a importancia da biodiversidade e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro e sensibilizar á poboación deste territorio sobre ese valor. A iniciativa conta co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Transición Ecológica, a través do Programa Pleamar do FEMP.
A unidade didáctica recolle algúns dos principais valores naturais e patrimoniais do territorio, así como os servizos que éstes ofrecen á poboación que alí vive. Inclúe ademáis diversas actividades para que os rapaces e rapazas poidan desenvolver nas aulas.
CEIDA
Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Transición Ecológica, a través do Programa Pleamar do FEMP.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org