Este texto foi concibido como material de apoio para o curso de 'Técnicas de Interpretación do Patrimonio aplicadas á Historia da Arte', celebrado no mes de xuño do 2014, no Centro de Formación e Recursos de Pontevedra da Xunta de Galicia, no programa de Formación para o Profesorado dos Ciclos Formativos.
Este material deséñase coa intención de recoller os elementos teóricos máis relavantes, e aportar experiencias e exemplos de interese didáctico para introducir ao alumnado na disciplina da Interpretación do Patrimonio.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org