• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Mulleres que fixeron historia e viviron na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas

Vostede está aquí

Mulleres que fixeron historia e viviron na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas

Dende o ano 2019 o CEIDA ven celebrando de xeito anual un ciclo de xornadas divulgativas co obxectivo de poñer en valor as personaxes femininas vinculadas ao territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas. Estas mulleres deixaron a súa pegada na cultura, na ciencia e na sociedade, lembrándonos que a súa forza e compromiso transcenden calquera fronteira. Cada unha delas representa unha maneira diferente de mirar o mundo, de transformar a realidade e de deixar un legado que segue vivo hoxe.

Resultado da información e documentación recompilada durante estes seis anos, nace esta publicación divulgativa, que pretende difundir a figura destas seis mulleres excepcionais dos séculos XIX e XX que contribuíron a transformar o territorio e a manter viva a memoria colectiva.

Descubre, aprende e inspírate con estas mulleres da Reserva de Biosfera: 

  • Emilia Pardo Bazán, escritora pioneira do naturalismo e defensora da educación das mulleres.
  • Juana de Vega, filántropa e referente liberal do século XIX.
  • Fanny Garrido, escritora e promotora cultural, creou pontes coa literatura europea.
  • María Casares, actriz universal, levou a súa voz traxédica de sde Galicia a París.
  • María Wonenburger, matemática de renome internacional, recoñecida polas súas aportacións á alxebra.
Información adicional

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio