• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Pradeiras Mariñas, tesouros de biodiversidade (proxecto ZOSTERA)

Vostede está aquí

Pradeiras Mariñas, tesouros de biodiversidade (proxecto ZOSTERA)
Organiza
  • CEIDA
  • Co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.
Dirixido a

Alumnado dos centros de educación primaria (último ciclo) e secundaria dos concellos litorais de Galicia.

Obxectivo xeral

As pradeiras de fanerógamas mariñas teñen unha elevada importancia ecolóxica, xa que proporcionan numerosas vantaxes na súa contorna. Desgraciadamente, os impactos aos que se ven sometidas provocan a diminución da súa extensión, motivo polo cal é preciso afondar no seu seguimento, protección e coñecemento.

Estas pradeiras, ou sebadais, proporcionan alimento, refuxio e hábitat de cría adecuados para un gran número de organismos que as empregan para reproducirse e evitar a depredación, o que nos fala da súa función como “viveiros” naturais. Moitas destas especies dependentes das pradeiras mariñas son explotadas comercialmente polas pesquerías, o que unido á súa función como estabilizadoras das praias e da costa contra a erosión mariña, osixenación e contribución á transparencia das augas, fixación de areas, etc., confírelles unha enorme importancia para o ser humano. Malia iso, son altamente descoñecidas e incluso consideradas en moitas ocasións “malas herbas”.

Con este programa educativo, o CEIDA pretende divulgar entre o alumnado a biodiversidade da súa contorna máis próxima e a súa importancia para o seu benestar, en gran parte descoñecida para eles, así como a importancia ecolóxica das pradeiras mariñas.

Obxectivos específicos
  • Contribuír ao coñecemento científico destes ecosistemas e o seu estado de conservación a través da ciencia cidadá e a Educación Ambiental.
  • Promover a realización e divulgación de proxectos de educación ambiental sobre as pradeiras mariñas, que permitan valorar este recurso como vital e indispensable promovendo unha axeitada xestión do mesmo.
  • Transferir coñecemento e divulgar a biodiversidade e os servizos que proporcionan as pradeiras de Zostera (sebadais) da costa cántabro-atlántica.
  • Reforzar os vínculos e o sentido de pertencia do alumnado co seu propio territorio e provocar a través deste unha maior actitude e compromiso cara a conservación do medio ambiente.
  • Fomentar as vocacións científicas en mozos e mozas a través do contacto directo con investigadores e o coñecemento in-situ dos proxectos de investigación sobre ecosistemas litorais.
  • Intercambiar experiencias e aprendizaxes e xerar sinerxias entre alumnado e profesorado de distintos centros e territorios entorno a estes ecosistemas locais.
Actividades
  • Charla divulgativa sobre pradeiras mariñas. Charla/obradoiro con un marcado carácter participativo e dinámico sobre as pradeiras mariñas, adaptada ao nivel do alumnado, cos seguintes contidos:
    • Que son as pradeiras mariñas e as diferencias principais coas algas.
    • A importancia das pradeiras mariñas nos ecosistemas costeiros.
    • Para que nos sirven as pradeiras mariñas?
    • Actividades que poñen en risco o seu bo estado de conservación.
    • As pradeiras mariñas da comarca na que se sitúa o centro escolar.

                 Ademais incidirase especialmente no concepto de “servizos ecosistémicos”, adaptándoo á idade do alumnado e dando a coñecer a importancia das pradeiras para o desenvolvemento e o benestar do territorio e sociedade locais.

  • Seguimento científico en pradeiras intermareais. Ademáis da charla incluída na actividade anterior, unha serie de centros educativos próximos a pradeiras mariñas accesibles para o alumnado participan nun seguimento científico da pradeira da súa localidade, realizando visitas de campo para toma de datos sobre características da propia pradeira e as especies de Zostera presentes (altura media, densidade de feixes, cobertura, idade, etc.), especies de fauna e flora complementarias, estado de conservación, impactos detectados, entre outras. Mediante o desenvolvemento dun proxecto educativo ao longo do curso, o alumnado adquirirá coñecementos sobre este valioso ecosistema ao tempo que se introduce nas metodoloxías, linguaxe e cultura científica propia deste tipo de traballos de campo.
  • Congreso escolar. No derradeiro trimestre do curso o CEIDA organizará un Congreso Escolar, en sede aínda por determinar, como xornada lúdico-académica na que os distintos centros participantes reuniranse e presentarán os resultados do seu proxecto ao resto de participantes, ao modo dun Congreso científico.

 

Máis información

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio