Centro Etnográfico do Río Mandeo (Teixeiro, Curtis)
O curso introduce ao manexo das diversas metodoloxías utilizadas para o estudo de micromamíferos. O coñecemento destas é fundamental para abordar calquera estudo ou seguimento ambiental que inclúa estas especies.
O curso está dirixido a profesionais do Medio Ambiente, así como estudantes e titulados en disciplinas afíns. Se ben, toda aquela persoa interesada na temática pode participar. Non son necesarios coñecementos previos.
Abordarase desde unha perspectiva eminentemente práctica apoiada nunha exposición de contidos teóricos. Será o alumno/a quen toma o papel activo a través das ferramentas, técnicas e equipos necesarios para o estudo dos micromamíferos.
Xosé Pardavila, Adrián Lamosa, Martín Pérez ( www.biolearn.org )
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org