Curso online
CEIDA
O curso pretende capacitar aos traballadores/as en activo da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de infraestrutura verde e xestión da biodiversidade en áreas urbanas, espazos naturais protexidos e xestión da Rede Natura 2000, todo dende a óptica local.
Neste módulo introduciranse os conceptos básicos e xerais relacionados cos contidos dos dous grandes bloques temáticos do curso: biodiversidade e infraestrutura verde en contornas urbanas; e áreas protexidas desde a óptica local.
O estudo das contornas urbanas como socio-ecosistemas, nos que hai unha relación ineludible entre a sociedade e a contorna (xa sexa urbanizada, xa sexa natural), axudanos a entender o seu funcionamento e metabolismo. Neste módulo traballaranse conceptos como os servizos dos ecosistemas ou a resiliencia socio-ecolóxica, así como o de infraestrutura verde, a responsable de albergar a biodiversidade. Da súa xestión dependerá a provisión propia dos servizos ecosistémicos necesarios para o benestar humano, buscando maximizar a eficiencia no consumo de recursos e a autosuficiencia e, en consecuencia, a resiliencia do sistema.
Na transformación das contornas urbanas a propia cidadanía ten un papel clave e central, sendo incluso a promotora de moitas transformacións urbanas. Neste módulo, falaremos do valor social e educativo da biodiversidade urbana e de como deseñar e poñer en marcha procesos participativos para a transformación das contornas urbanas.
En calquera transformación da contorna urbana necesitamos señais, guías, datos, sobre que necesitamos, e como debemos levar a cabo esas transformacións. Asimismo, deben permitir vislumbrar como esas transformacións repercuten no espazo urbano e na comunidade que o habita e o utiliza no seu día a día. Neste módulo trataranse os sistemas de avaliación e seguemento da infraestrutura verde, como indicadores de avaliación dos servizos ecosistémicos ou mecanismos de avaliación participativa.
O ser humano leva milenios preservando áreas naturais, xa fose por motivos espirituais ou para manter en bo estado os servizos dos que provían ás distintas sociedades, entre outras motivacións. Non obstante, é a finais do s. XIX cando toma forma a concepción actual de Espazo Natural Protexido, ampliamente empregada ao longo do s. XX e ata a actualidade. Neste módulo falaremos da orixe, evolución e historia dos Espazos Naturais Protexidos a nivel global, desde a súa concepción orixinal ata as súas funcións, retos e obxectivos no contexto actual.
A Rede Natura, nacida da Directiva Hábitats en 1994, constitúe na actualidade a principal rede de espazos naturais protexidos do planeta, con máis de 27.000 espazos e un millón de km2 que constitúen o 18% da superficie da UE. Neste módulo coñeceremos esta importante figura de planificación territorial: a súa concepción legal e administrativa, os seus obxectivos de conservación, o seu estado actual en España e Galicia e as súas implicacións na xestión territorial e administrativa dos concellos.
Unha vez coñecidos os conceptos de Espazo Natural Protexido e Rede Natura 2000, os seus obxectivos, estado e retos actuais, este módulo aportará as claves para a súa integración na xestión ambiental e territorial a escala local. Se ben a xestión destos espazos excede ás competencias municipais, estas administracións sí teñen un peso importante en moi diversos ámbitos directamente relacionados con eles, e que poden ser aproveitados para a búsqueda de sinerxias e oportunidades no camiño hacia a sostibilidade global e local. Planificación territorial, uso público e interpretación do patrimonio, seguridade, custodia do territorio, actuacións en Rede Natura e fontes de financiación serán algunhas das cuestións tratadas no módulo.
AS PRAZAS PARA ESTE CURSO ESTÁN ESGOTADAS!
Actividade gratuíta para traballadores/as en activo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para inscribirse, deberá presentarse a seguinte documentación:
*En caso de quedar prazas vacantes, aceptaranse aquelas solicitudes dos interesados/as que non reúnan os requisitos desta convocatoria (non traballadores en activo).
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org