Actividade online (plataforma Zoom)
CEIDA
Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia
21 e 28 de xuño de 2023
De 18 a 20 h. (España peninsular)
Jorge Morales Miranda
“A interpretación efectiva é un proceso creativo de comunicación estratéxica que produce conexións intelectuais e emocionais entre o público visitante e o recurso que é interpretado, logrando que xere os seus propios significados sobre ese recurso, para que o aprecie e goce” (Morais e Ham, 2008).
Ademáis do Modelo TORA como referente metodolóxico para a interpretación do patrimonio –que indica que esta debe ser Temática, Organizada, Relevante e Amena–, a práctica nesta disciplina require dun ingrediente moi especial para que a metodoloxía funcione de forma óptima e efectiva: a creatividade. A metodoloxía TORA proposta por Sam Ham brinda coherencia e solidez a todo o proceso da interpretación, pero a súa aplicación como marco estratéxico require solucións tácticas: as técnicas para a interpretación, é dicir, un tipo de linguaxe ou tratamento organizacional que contribúe a conectar ao público co lugar ou obxecto patrimonial. Son ferramentas sutís e creativas, “trucos”, para realzar o tema, a organización dos contidos, a relevancia e a amenidade.
Por esta razón –citando a Antón Lois–, a interpretación pódese considerar como “unha caixa de ferramentas”. Cada intérprete elixirá as ferramentas que considere máis adecuadas, e mesmo as pode inventar se non as atopa nas caixas habituais. As solucións técnicas e creativas poden ser moi variadas e con intencións variadas: hai técnicas que contribúen a realzar o tema; outras serven para mellorar a organización da mensaxe (os contidos); algunhas técnicas servirán para conseguir relevancia ao ego do público; e haberá solucións concretas para a amenidade do produto ou actividade. Mesmo, moitas destas técnicas poden servir para apoiar non unha, senón varias das catro cualidades da interpretación (TORA) ao mesmo tempo. Haberá tamén solucións creativas que contribúan a desenvolver aspectos moi concretos, tanto en actividades atendidas por persoal como non atendidas, como captar a atención do público; manter a atención; técnicas de deseño gráfico que realcen a mensaxe; técnicas para traballar con grupos moi heteroxéneos (por exemplo, audiencia infantil e adulta ao mesmo tempo); para facer participar ao público; para estimular a imaxinación, etc.
Estas II Xornadas teñen por obxectivo visibilizar algúns casos prácticos nos que se aplican estas solucións técnicas creativas e imaxinativas no exercicio da interpretación do patrimonio.
AS PRAZAS PARA ESTA ACTIVIDADE ESTÁN ESGOTADAS
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org