• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

I Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña

Vostede está aquí

I Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Coruña CEIDA
Data
xoves, 10 Maio, 2007
Lugar

Auditorio Auditorio Gabriel García Márquez de Mera (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Colabora
  • Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Xunta de Galicia
  • Concello de Oleiros
  • Haley
Dirixido a

Centros educativos da provincia da Coruña

Descrición

O CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, como punto de referencia para a educación ambiental na comunidade galega, quere potenciar e difundir actitudes, comportamentos e prácticas sociais que axuden a acadar a sustentabilidade ambiental na nosa sociedade. Con diferentes actividades de carácter formativo, divulgativo e informativo pretende chegar a un amplo abano de destinatarios entre os que se encontran a comunidade escolar.

Entre as súas liñas prioritarias de traballo atópase a posta en valor do patrimonio natural galego e a concienciación sobre a necesidade de protexelo e conservalo. Deste xeito xurde o I Congreso de Educación Ambiental “Defendamos o noso Patrimonio Natural”, co fin de despertar a sensibilidade ambiental entre os máis novos.

Con este obxectivo, o CEIDA organizou o I Congreso Escolar coa intención de promover entre os centros educativos o desenvolvemento de experiencias de conservación e divulgación do patrimonio, pór en contacto ás diferentes comunidades escolares que estiveran a traballar nese eido, e dar a coñecer as iniciativas e proxectos desenvolvidos nun marco de encontro escolar no que o alumnado, principal protagonista, fixo a través da súa voz a divulgación dos traballos.

Apoiando o importante papel destes centros na defensa do medio natural, o congreso converteuse nun espazo de participación e debate, abrindo así unha nova vía de comunciación e colaboración entre eles e o CEIDA.

Centros participantes

Como todas as liñas novas de traballo que se inician precisan dun tempo para o seu asentamento, durante esta primeira edición foron 9 proxectos realizados durante o curso 2006-2007 e 8 centros participantes no Congreso Escolar. 

  • IES Agra de Leborís (A Laracha). Baldaio, un espazo natural excepcional
  • IES Francisco Aguiar (Betanzos). Unha experiencia dobre de educación ambiental
  • IES Maximino Romero de Lema (Baio). A defensa dos Penedos de Traba e Pasarela. Unha experiencia de educación ambiental dende a escola
  • IES Xosé Neira Vilas (Oleiros). A Ría do Burgo. Explotación dos recursos e os seus impactos
  • IES Manuel Murguía (Arteixo). Proxecto ríos. Procedementos e resultados do estudo do Río Arteixo - ¿Canta auga gastamos?
  • IES Miraflores (Oleiros). Inventario de vexetación de Punta Purrido (Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes)
  • CEE Carmen Polo (Ferrol). Mellorar o medio onde vivimos
  • IES Mosteirón (Sada). Divulgando na comunidade a Rede Natura 2000

Pode acceder á información completa de cada proxecto na seguinte  ligazón 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio