• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Pés na Terra

Vostede está aquí

Programa Educacion Ambiental Pes na Terra CEIDA
Data
domingo, 1 Febreiro, 2009 a martes, 30 Xuño, 2009
Lugar

Serra de Monfero e Serra da Capelada

Organiza

CEIDA

Colabora

Consellería de Medio Rural, Xunta de Galicia

Obxectivos

Pés na Terra é unha actividade de educación ambiental dirixida aos centros de ensino de toda Galicia, na que se ofrece a realización dun itinerario forestal guiado e un material didáctico elaborado especificamente para o programa, orientado segundo os destinatarios e adaptado aos contidos curriculares do alumnado que permitirá así traballar no Centro Educativo, tanto antes como despois da visita, cuestións vencelladas ao monte a través das actividades prácticas propostas en dito material.

O programa prentede achegar á comunidade educativa a importancia da sustentabilidade da xestión do monte e do seu aproveitamento dende o punto de vista multifuncional, fomentar a cultura forestal e a valorización social do monte como mellora da calidade ambiental do territorio.

Entre os obxectivos específicos, cabe destacar:

  • Xerar o coñecemento sobre a realidade forestal galega, coas súas potencialidades e problemáticas actuais asociadas, poñendo en valor este patrimonio entre futuros propietarios e traballadores, así como entre actuais usuarios do mesmo.
  • Facer comprensibles as técnicas e traballos forestais levados a cabo para unha xestión forestal sustentable que redunden na conservación dos servizos e recursos que do monte se obteñen.
  • Achegar á comunidade educativa os conceptos de multifuncionalidade, xestión forestal sustentable e diversificación de produtos e servizos forestais.
Dirixido a

Terceiro Ciclo de Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos

Contidos
  • A historia do monte en Galicia. O monte e o medio.
  • A problemática do monte galego. Orixes, causas e solucións. Os incendios forestais.
  • A multifuncionalidade do monte: valores e beneficios económicos, culturais, sociais e ambientais.
  • Os traballos no monte. A potencialidade do mesmo como fonte de servizos e recursos. Oportunidades e desafíos.
  • O uso sustentable do monte: xestión forestal sustentable. A certificación forestal.

* Os contidos da actividade adaptaranse as idades dos participantes.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio