• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Illustraciencia5: Exposición da 5ª edición do Premio Internacional de Ilustración Científica e Naturalista Illustraciencia

Vostede está aquí

Illustraciencia5: Exposición da 5ª edición do Premio Internacional de Ilustración Científica e Naturalista Ilustraciencia
Data
sábado, 3 Febreiro, 2018 a mércores, 28 Marzo, 2018
Horario
  • Luns a venres: 9 a 14 h.
  • Sábados: 11 a 14 h.
Lugar

Sala de Exposicións do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • Associació Catalana  de Comunicació Científica
Colabora
  • Ministerio de Economía, Industria y Competitividad
  • Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)
Descrición

Exposición da quinta edición do Premio Internacional de ilustración   Illustraciencia , un certame que ten como obxectivo premiar e divulgar a importancia da ilustración científica. Consciente do papel transcendental xogado pola ilustración ao longo da historia,  Illustraciencia  sitúase como unha plataforma internacional para dar visibilidade aos profesionais que contribúen a achegar a ciencia e a natura á sociedade mediante esta disciplina.

Nesta quinta edición do certame presentáronse un total de 449 propostas de ilustradores de máis de 30 países, sendo os máis representados España, Portugal, Colombia e México. Entre as máis de catrocentas propostas recibidas, o xurado profesional seleccionou as corenta obras que forman parte desta mostra itinerante.

Na exposición poden verse reproducións das obras realizadas en varias técnicas agrupadas nos apartados: peixes, crustáceos, flora, fungos, aves, insectos, mamíferos, prehistóricos, réptiles e outros. Magníficos detalles de fauna e flora representados por ilustradores de todo o mundo, onde destaca a obra gañadora da quinta edición, Garoupas do Mediterrâneo (Meros del Mediterráneo) de Pedro Salgado (Portugal) tanto polo seu valor científico como polo seu rigor, técnica e carácter divulgativo.
 

   

Garoupas do Mediterrâneo (Meros del Mediterráneo)                                                                                                    Alzando el vuelo            
 

Ademais, outorgáronse tres mencións especiais ás ilustracións Pico de la urraca, la herramienta más versátil e Rhynchophorus ferrugineus, dos españois Ángel Ramón Moya e Juanjo Ramos, respectivamente, e Salvator merianae da arxentina Vanesa Gaido. En canto ao premio do público, recaeu en Alzando el vuelo do chileno Camilo Maldonado, e o seu exemplar macho de picaflor cordillerano (Oreotrochilus leucopleurus), unha especie de colibrí caracterizado pola intensa cor verde da plumaje do seu pescozo.

Más información da exposición e o certame en:   http://illustraciencia.info/

Co apoio de

CEIDA

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio