Asociación DROSERA para Estudo e Conservación do Medio Natural
CEIDA
En Galicia existen máis de 20 especies de morcegos de 10 xéneros diferentes. O coñecemento da bioloxía das diferentes especies é indispensable para unha xestión responsable da nosa contorna, que favoreza a conservación das súas poboacións. Esta exposición itinerante aborda diferentes aspectos da bioloxía e o estudo dos morcegos que se poden atopar no territorio galego, e conta cos seguintes paneis:
A mostra está pensada para pequenos espazos en centros educativos, centros de interpretación, centros culturais, ou centros municipais, entre outros. As lonas contan con ollais metálicos perto das esquinas para facilitar a súa suxestión.
* Consulta as condicións completas para a cesión temporal da exposición.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org