• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Día da Biblioteca 2017

Vostede está aquí

Día da Biblioteca 2017

Día da Biblioteca 2017

Achégate e celébrao con nós!

O vindeiro martes, 24 de outubro, conmemórase o Día da Biblioteca, co fin de trasladar á opinión pública a importancia das bibliotecas como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.

Por este motivo, a Biblioteca e Centro de Documentación Ambiental do CEIDA quere celebrar esta data tan especial con agasallos de libros para todas as persoas que empreguen o servizo de préstamo en sala durante a semana do 23 ao 28 de outubro.

Lembrámoslle que o horario de atención ao público nesta época do ano é de luns a venres de 9 a 14 h. e sábados de 11 a 14 h. E se aínda non coñece o servizo de biblioteca e centro de documentación pode informarse na seguinte   ligazón.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio