CEIDA
Deputación da Coruña
A observación de aves salvaxes é un pasatempo e unha ferramenta pedagóxica con cada vez máis demanda cidadá e escolar. A Ría do Burgo, acolle durante todo o ano mais de 2.500 aves acuáticas de deceas de especies diferentes. Por este motivo é un dos enclaves máis prezados da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Todas elas están moi afeitas á presenza das persoas nos seus paseos marítimos. Non existe, por tanto, mellor lugar para observar moi preto unha fauna salvaxe que, nalgúns casos, ven de lugares tan remotos como Canadá, Siberia, Mauritania... e para aprender moitas cousas a través dela! Esta exposición itinerante recolle información interpretativa sobre a riqueza ornitolóxica deste esteiro formado pola desembocadura do río Mero na ría da Coruña, entre os Concellos da Coruña, Culleredo, Cambre e Oleiros.
* Consulta as condicións completas para a cesión temporal da exposición.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org