A emerxencia climática é probablemente un dos maiores retos ao que nos temos que enfrontar. Xa estamos a comprobar como se están a cumprir os peores escenarios previstos hai tempo por investigadores e expertos. En xaneiro de 2020 o goberno declarou a emerxencia climática e ambiental, en resposta ó consenso da comunidade científica, a cal reclama accións urxentes para salvagardar o medio ambiente. Pese a isto, a sensación é que a cidadanía continúa allea a este problema e non estamos a mudar nin os nosos hábitos e moito menos os nosos comportamentos.
O programa “Para unha Transición Ecolóxica”, desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende sensibilizar sobre o futuro que nos agarda de non combater a emerxencia climática, e concienciar dende os centros escolares; posto que a comunidade escolar non está formada só por nenas e nenos, senón tamén por pais, profesorado, persoal non docente, etc. Isto ofrece a oportunidade de converterse en laboratorios de posta en marcha de novas medidas de sustentabilidade e cooperación.
Alumnas e alumnos de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º) e alumnado de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º-4º ESO), Bacharelato e Formación Profesional de toda a provincia da Coruña.
Para os centros educativos de fóra da provincia da Coruña, consultar as condicións e disponibilidade co equipo educativo do CEIDA: educacion@ceida.org
As actividades dirixidas aos escolares pretenden, co uso de metodoloxías activas, provocar a aprendizaxe vivencial e contextualizada, onde a parte construtiva e emocional ten unha grande importancia; non se trata dunha mera transmisión de coñecementos. Con este fin, utilízanse ferramentas para a reflexión e a innovación educativa relacionadas co estudo do medio ambiente e da contorna natural.
As actividades educativas destinadas aos centros educativos están vinculadas ó currículo escolar, polo que é convinte organizar a actividade previamente cos/coas profesores/as e completala con accións previas e posteriores na aula.
O programa inclúe dúas sesións coas seguintes actividades:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org