10.00 h.
Illa de Santa Cruz e a súa contorna
CEIDA
Todos os públicos
Cada ano, a Convención de Ramsar sobre os Humidais celebra o Día Mundial dos Humidais o 2 de febreiro para crear conciencia en todo o mundo sobre a importancia destes e a necesidade de conservalos e utilizalos de forma racional.
Os humidais cóntanse entre os ecosistemas máis produtivos do planeta, e cumpren funcións ecolóxicas fundamentais para o home. Á súa vez, albergan unha importante biodiversidade e consitúen o hábitat de numerosas especies animais e vexetais.
As aves constitúen un dos compoñentes máis carismáticos da fauna que habita os humidais, ofrecéndolles refuxio, e entre as súas funcións ecolóxicas máis importantes sirven á nidificación e á alimentación. Ademáis, moitos destes ambientes son importantes áreas de concentración durante o período de muda da plumaxe ou a migración anual.
Na illa de Santa Cruz e a súa contorna (a baía de Santa Cruz) atópanse unha gran cantidade de aves. Neste roteiro interpretativo, o Equipo de Educación do CEIDA dará a coñecer as principais especies que alberga, con fin de sensibilizar e reflexionar sobre a importancia destes ecosistemas que son imprescindibles para a vida na Terra.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org