• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Cando chegan as anduriñas?: observando os efectos do cambio climático na flora e fauna da nosa contorna

Vostede está aquí

Cando chegan as anduriñas?: observando os efectos do cambio climático na flora e fauna da nosa contorna
Data
martes, 20 Febreiro, 2018
Horario

13 h.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza
  • Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Organismo Autónomo Parques Nacionales
  • CEIDA
Dirixido a

Todos os públicos.

Descrición

A fenoloxía estuda os cambios nas datas en que ocorren os diferentes fenómenos naturais (migración, reprodución, floración, fructificación, etc.) que se repiten ano tras ano nas prantas e animais e que están influenciados polas condicións meteorolóxicas. Actualmente, recoñécese o estudo da fenoloxía como un dos principais temas biolóxicos relacionados cos efectos do cambio climático, e existe un cúmulo de evidencias e numerosos traballos científicos onde se menciona un adianto temporal na fenoloxía de varias especies de prantas, aves e insectos.

O 'Programa de Seguimento Fenolóxico da Rede Española de Reservas da Biosfera', promovido polo Organismo Autónomo Parques Nacionales do  Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, pretende avaliar, a través dos estudos fenolóxicos, os efectos do cambio climático no territorio das Reservas de Biosfera Españolas, involucrando no seu desenvolvemento aos diferentes sectores da sociedade. O eixo principal sobre o que se articula este proxecto é a participación cidadá na recompilación de datos fenolóxicos das especies de fauna e flora que actúan como bioindicadores nos seus territorios. 

Coa charla 'Cando chegan as anduriñas?: observando os efectos do cambio climático na flora e fauna da nosa contorna', a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e o Organismo Autónomo Parques Nacionales, co apoio do CEIDA, pretenden dar a coñecer este programa de ciencia cidadá, fomentando e animando a participación dos asistentes no seguimento continuado de especies comúns de fauna e flora presentes no territorio, e contribuindo así ao estudo e análise dos efectos do cambio climático no planeta.

Inscrición

Como as prazas son limitadas, é preciso confirmar asistencia en   formacion@ceida.org 

 

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio