11.30 h.
Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Todos os públicos.
A actividade non precisa inscrición, pero agradécese confirmar asistencia en: formacion@ceida.org
Catedrática de Bioloxía e Xeología en Educación Secundaria, Concha López Llamas foi amplamente recoñecida e premiada pola súa labor de investigación didáctica (con tres Premios Francisco Giner de los Ríos á Innovación Educativa, do Ministerio de Educación y Ciencia; Premio á Innovación Docente da Universidad Carlos III de Madrid; ou Premio pola Elaboración de Materiais Didácticos da Comunidad de Madrid; entre outros). Destaca como divulgadora do Ensino das Ciencias a través de numerosos artigos, publicacións e ponencias.
López Llamas volcou nas especies do seu territorio emocional de La Carballeda zamorana unha mirada afectuosa en diálogo coa ecolóxica, que foi construíndo parella á súa formación científica como Bióloga. Esta forma de interpretar o natural, incorpóraa ao movemento dos escritores sobre a natureza e á literatura ecofeminista, como se reflexa en “Bajo el dominio del Río Negro. Mirada interior de una naturalista” (2011) e “Beatriz y la loba” (2014), a súa última novela, poñendo de manifesto o seu extraordinario vínculo coa natureza e coa problemática da muller. En “Espejo Lobo” (2018) recurre ao seu selo narrativo para saír en defensa do seu tótem, o lobo ibérico.
Catorce son as historias de ficción que conforman “Espejo Lobo”, ubicadas en aquelas contornas da Península Ibérica, incluido Portugal, onde o lobo coexiste co ser humano, nas que se dan a coñecer as diferentes causas que fan perigar a súa saúde etolóxica e ata a súa supervivencia: gandería extensiva, regulación-control da especie, caza, veleno, lume ou furtivismo, entre outros. Expertos e expertas no mundo de Canis lupus adxuntan a súa análise sobre a problemática destacada nas historias ao final de cada relato.
Ficción e realidade póñense ao servizo de quen lea “Espejo Lobo” para entender a denuncia que desde él se fai e para destacar e correxir o comportamento antropocéntrico que nos caracteriza. Conservacionismo, Ecoloxismo, Anti-Especismo, Ecofeminismo ou Decrecemento, brotan de “Espejo lobo” como claves que invitan a re-significarse e a re-interpretar a vida. Exercicio imprescindible se pensamos que o narcisismo que caracterizou a Homo sapiens, que rixe a súa vida e a das demáis especies desde a lóxica do dominio, está conducindo á destrución da biodiversidade e a poñer en risco a nosa propia viabilidade a escala planetaria.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org