A provincia da Coruña conta con dous parques naturais: o Parque Natural Fragas do Eume e o Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e unha Reserva da Biosfera, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñas e Terras do Mandeo. Estes espazos a meirande parte das veces son descoñecidos pola poboación da mesma provincia, incluso polas persoas que viven en Concellos ubicados no seu interior.
O programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, pretende poñer en valor nos centros educativos da provincia da Coruña a importancia e valores destes espazos naturais protexidos, mediante actividades que permiten aos participantes enmarcados na súa contorna xeográfica, establecer vínculos afectivos co medio, reforzar a visión respectuosa co entorno e adquirir actitudes e comportamentos cara á súa protección e conservación.
Alumnas e alumnos de último ciclo de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria) e alumnado de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º-4º ESO), Bacharelato e Formación Profesional de toda a provincia da Coruña.
Para os centros educativos de fóra da provincia da Coruña, consultar as condicións e disponibilidade co equipo educativo do CEIDA: educacion@ceida.org
As actividades dirixidas aos escolares pretenden, co uso de metodoloxías activas, provocar a aprendizaxe vivencial e contextualizada, onde a parte constructiva e emocional ten unha gran importancia; non se trata dunha mera transmisión de coñecementos. Con este fin utilízanse ferramentas para a reflexión e a innovación educativa relacionadas co estudo do medio ambiente e da contorna natural.
As actividades educativas destinadas aos centros de ensino están vinculadas ó currículo escolar, polo que e convinte organizar a actividade previamente cos/coas profesores/as e completala con accións previas e posteriores na aula.
O programa inclúe dúas sesións coas seguintes actividades:
* En caso de escoller a opción 'Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: Illa de Santa Cruz', a duración do roteiro será de 1 hora e 30 min
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org