13 h.
Praia de Santa Cristina (Oleiros)
CEIDA
Co apoio da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico
Todos os públicos
Con motivo da celebración do I Congreso Escolar sobre Pradeiras Mariñas, os nenos e nenas participantes dos 5 centros educativos e co apoio dos e das educadoras ambientais do CEIDA, guiarán unha pequena actividade divulgativa sobre as pradeiras mariñas. A visita desenvolverase na zona interior de ría da Praia de Santa Cristina, e sobre a pradeira aprenderemos que son, onde se atopan en Galicia, que especies as compoñen, porque é tan importante a súa conservación e que beneficios nos proporcionan.
A actividade terá aproximadamente unha hora de duración.
Como o lugar onde se atopa a pradeira mariña é unha zona moi lamacenta, as persoas participantes deberán levar botas de goma, chanclas con boa suxeción ao pé, ou escarpíns e toalla, ademáis dun calzado e muda de reposto.
Debido ás restriccións COVID, a actividade realizarase en grupos reducidos. Imprescindible reservar praza a través do formulario.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org