• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Noite de morcegos

Vostede está aquí

Noite de morcegos - Proxecto SONAT
Prazas limitadas!
Data
venres, 29 Setembro, 2023
Lugar

Mera (Oleiros)

Organiza

Morcegos de Galicia

Colabora
  • CEIDA
  • Asociación Veciñal San Cosme de Maianca
Co apoio de

Deputación da Coruña

Dirixido a

Todos os públicos

Obxectivos

Estamos no momento de maior actividade do morcego migrador  Pipistrellus nathusii,  unha especie que o equipo de Morcegos de Galicia está a estudar no marco do proxecto SONAT.  O obxectivo desta actividade nocturna é achegar ao público o mundo dos morcegos e as técnicas que se empregan para o seu estudo. Deste modo, fanse observacións ao anoitecer, aprendendo a escoitar e identificar a actividade dos morcegos polas súa emisións ultrasónicas e, se as circunstancias o permiten, capturando algúns exemplares para identificar en man e tomar datos biométricos e fisiolóxicos.

Programa

20 h. Charla no local da Asociación Veciñal San Cosme de Maianca (Paseo da Lagoa s/n, 15177 Maianca, Oleiros).

21 h. Paseo polos arredores da Lagoa de Mera para escoitar os morcegos e observación de morcegos capturados polo equipo de Morcegos de Galicia.

Inscrición
  • Asistencia gratuíta.
  • Inscrición previa a través do formulario.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio