• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Maletas 'Ponte a Zero'

Vostede está aquí

O CEIDA, a través da súa biblioteca e Centro de Documentación Ambiental, pon a disposición dos centros educativos da provincia de Pontevedra unha colección de libros informativos e literarios sobre a temática dos residuos, a compostaxe e os hortos escolares.

As maletas xurden no marco do programa ‘Ponte a Zero’ que o CEIDA desenvolve xunto á Deputación de Pontevedra, co obxectivo de concienciar á comunidade escolar sobre a problemática do lixo e a reutilización dos residuos, fomentando actitudes cívicas e de corresponsabilidade co medio natural e social. Porque a suma das nosas accións individuais poden repercutir de forma global na saúde do planeta! Está concebida como recurso de apoio e complementario ao traballo desenvolvido nas aulas dentro deste programa.

Que contén a maleta Ponte a Zero?

A maleta 'Ponte a Zero: traballando polo residuo zero' recolle libros informativos, álbumes ilustrados, contos, cómics, e recursos didácticos  sobre a temática dos  residuos e a compostaxe  (a problemática do lixo, a reutilización e reciclaxe, boas prácticas ambientais, a economía circular, os plásticos, os residuos orgánicos etc.), e sobre os  hortos escolares  (a horta ecolóxica, como poñer en marcha un horto, principais hortalizas e verduras, como atraer insectos beneficiosos e polinizadores ao xardín, etc.). Os materiais están divididos en dous niveis, recollidos en dúas maletas diferentes.  Foron avaliados conxuntamente polo Equipo de Educación Ambiental e o Equipo de Documentación do CEIDA, sendo aproximada a idade recomendada que se indica en cada recurso.

  • MALETA PONTE A ZERO. NIVEL I:  dirixida ao alumnado de 1º e 2º ciclo de primaria. Descargar o   LISTADO DE LIBROS   desta maleta.
  • MALETA PONTE A ZERO. NIVEL II:  dirixida a 3º ciclo de primaria e secundaria. Descargar o  LISTADO DE LIBROS   desta maleta.
Condicións de préstamo e solicitudes

O préstamo das maletas é   gratuito   para todos os centros educativos da   provincia de Pontevedra,   que poden dispoñer dos materiais   durante 1 mes  (incluindo as datas de envío e devolución).

Debido á alta demanda    deste servizo,    cada centro educativo    poderá solicitar    unha maleta por curso escolar

Accede ao     FORMULARIO DE SOLICITUDE

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio