• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental e fomentar a lectura verde

Pequenos xestos que implican unha gran solución. O lixo mariño

Vostede está aquí

Pequenos xestos que implican unha gran solución. O lixo mariño
Organiza
  • CEIDA
  • Deputación da Coruña
Obxectivo xeral

A problemática do lixo mariño está presente en todo o mundo, pero de xeito desigual e tamén inxusto en termos da súa orixe, medra cada ano e afecta a todos os ecosistemas e especies mariñas. Incluso a aquelas que nen sequera sabemos que existen aínda.

Co programa “Para unha Transición Ecolóxica” desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, aprenderemos como chegan os residuos aos oceános, cal é a súa orixe e as causas, nomeadamente  aquelas estruturais dun sistema de consumo e de xestión de residuos actuais que provocan esta situación, as últimas políticas nacionais e internacionais para a súa redución, etc. Coñeceremos máis sobre o impacto que estes residuos xeran nas especies mariñas e en toda a cadena trófica ata chegar a nós, e reflexionaremos sobre as posibles actitudes que como mocidade poden ter ante esta problemática: desde o xesto máis aparentemente pequeno e individual ata aquelas outras accións colectivas necesarias para que podan herdar uns océanos limpos e sans. 

Obxectivos específicos
  • Identificar esta problemática e as súas causas, sendo capaz de entendela, e ollala de xeito crítico.
  • Coñecer os impactos negativos que xeran as nosas actividades cotiás na xeración de residuos.
  • Traballar e implicarse no desenvolvemento das posibles solucións que nos poden levar a unha mitigación e corrección deste grave problema ambiental.
Dirixido a

Entidades sociais da Provincia da Coruña. Para entidades de fóra da provincia consultas as condicións e disponibilidade en  educacion@ceida.org  ou no 981 630 618

Actividades

O programa inclúe as seguintes actividades:

  • Primeira sesión:
    • Actividade na sede da entidade  sobre a problemática do lixo mariño. Presentación breve onde se expón de maneira sinxela e amena as causas e consecuencias do problema dos residuos nos océanos, en particular dos plásticos dun só uso, adquirir conciencia do noso impacto persoal e como podemos reducir ou tentar mitigar os seus efectos.
    • Duración da charla: 50 minutos.
  • Segunda sesión, con dúas opcións:
    • Opción 1:
      • Revisión do estado dunha praia e limpeza: Visita a unha praia cercana coas persoas interesadas onde realizamos un inventariado dos residuos que podemos atopar na praia, seguindo metodoloxías de Ciencia Cidadá, e anotando nunha ficha o tipo e cantidade de cada un deles. Ao remate facemos un cálculo do total e unha análise colecitva sobre o atopado Duración: 1 hora e media – 2 horas.
    • Opción 2:
      • Obradoiro de Crebeirxs: Actividade onde levamos á entidade  o material que se pode atopar nunha praia e, mediante unha breve presentación, trataremos de chegar á súa orixe, ó seu uso, por qué acabou no mar, por qué non se xestionou correctamente, que outras alternativas teríamos,... Debater sobre o “greenwashing” e as posibilidades que temos para levar a cabo a loita contra esta problemática.
    • Duración: 50 minutos.
  • Terceira sesión (opcional):
    • ​Naqueles centros que despois da realización da actividade na praia, as persoas participantes quedaron impactados coa problemática e que teñen interese nunha terceira sesión, propoñemos un obradoiro de reflexión colectiva que permita asentar os contidos, reflexionar sobre o modelo de produción imperante, e que permita a procura de solucións e accións tanto individuais como colectivas .
    • Duración: 50 min.
Período de realización e custo da actividade
  • Curso 2025-206:
    • As reservas poden realizarse para o período de setembro a decembro de 2025.
    • Para as actividades de xaneiro a xuño de 2026 abrirase o seu prazo de solicitude correspondente.
  • A realización das mesmas é gratuita para todos os centros educativos, agás os gastos de transporte que corren a cargo do centro solicitante.
Solicitudes
  • As solicitudes realizaranse a través do formulario.
  • Máis información sobre este programa:  educacion@ceida.org  -  981 630 618

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio