Entre outras figuras de protección e conservación da natureza, a provincia da Coruña conta con dous parques naturais -o das Fragas do Eume e o do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán-, e unha Reserva da Biosfera, a das Mariñas Coruñas e Terras do Mandeo. Estes espazos senlleiros contan cunha riqueza natural e cultural que convén coñecer para entendela, poñela en valor e lograr actitudes respectuosas coa contorna.
O programa 'Para unha Transición Ecolóxica', desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña, achega ás entidades participantes unha ampla visión destos espazos para que se estableza un vínculo afectivo tanto con eles, como coa natureza en xeral, e así sentar as bases de accións que desenvolvan no futuro orientadas á conservación do medio ambiente.
Nesta liña de traballo, ofrécense tamén actividades para o coñecemento dos valores naturais e culturais da Illa e o Castelo de Santa Cruz, onde o CEIDA ten a súa sede. Declarado Ben de Interese Cultural, coa súa historia senlleira conflúen uns valores naturais sorprendentes pola súa realidade insular, a contorna privilexiada, así como a vexetación e xardín histórico que atesora.
Entidades sociais da Provincia da Coruña. Para entidades de fóra da provincia consultas as condicións e disponibilidade en educacion@ceida.org ou no 981 630 618
O programa inclúe dúas sesións coas seguintes actividades:
* En caso de escoller a opción 'Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo: Illa de Santa Cruz', a duración do roteiro será de 1 hora e 30 min
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org