CEIDA
A través das cantigas e poesía oral do cancioneiro galego podemos coñecer moitos aspectos de como era a sociedade galega rural de hai décadas: como eran os valores, oficios, paisaxes cotiás da nosa sociedade,etc. Tamén nelas aparecen reflexadas moitas especies naturais, tanto de flora como de fauna, as súas características singulares e podemos entender como eran as nosas múltiples formas de relación con elas: de medo, de admiración, usos tradicionais etc.
O cuco, o paspallás, o lobo, o mazarico, asi como leiteriñas, carqueixas, etc. foron fonte de inspiración para a poesía oral, que de fonda influencia femenina, chegou aos nosos días, pero non así, ou con presencia fortemente reducida, algunhas destas especies e as súas contornas.
A través do cancioneiro, nomeadamente do recollido nos fondos Schubarth-Santamarina, depositado no Arquivo do Patrimonio Oral e Inmaterial (APOI) do Museo do Pobo Galego, coñeceremos moitas destas especies, as súas cualidades, o seu hábitat e o estado de conservación actual. Reflexionaremos sobre como era a nosa relacións con elas antaño, como é na actualidade e que accións de conservación da natureza necesitamos para que seguir gozando delas, así como intervencións de infraestrutura verde urbana que nos permitirían aumentar a súa presenza nas nosas contornas de vilas e cidades.
Neste obradoiro, levado a cabo no centro educativo, a través da música,e a poesía oral galega, coñeceremos un pouco máis da natureza galega pasada e actual,e do seu estado actual de conservación.
Alumnas e alumnos de Educación Primaria (3º -6ª) e alumnado de todos os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria (1º-4º ESO), Bacharelato e Formación Profesional ou Universidade da provincia da Coruña.
Para os centros educativos de fóra da provincia da Coruña, consultar as condicións e disponibilidade co equipo educativo do CEIDA: educacion@ceida.org
1h.30 min.- 2h
As solicitudes realizaranse a través do formulario.
Máis información sobre este programa: educacion@ceida.org - 981 630 618
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org