• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

I Congreso Rede Auga

Vostede está aquí

I Congreso Rede Auga CEIDA
Data
luns, 26 Maio, 2014
Lugar

Paraninfo da Universidade da Coruña

Organiza

CEIDA

Colabora
  • Universidade da Coruña
  • Centros comerciais Haley
Patrocina

Augas de Galiclia

Obxectivos
  • Promover a divulgación de proxectos de educación ambiental sobre a a auga, que permitan valorar este recurso como vital e indispensable promovendo unha axeitada xestión do mesmo.
  • Incentivar e consolidar a REDE AUGA como unha rede de centros de ensino que teñen na xestión e coñecemento das problemáticas da auga un dos eixos centrais nos seus proxectos de innovación educativa.
  • Intercambiar experiencias e aprendizaxes entre alumnado e profesorado en torno á auga, creando sinerxias de coñecemento e colaboración para futuros proxectos.
  • Visibilizar na sociedade ás entidades promotoras do I Congreso REDE AUGA de centros educativos.
Dirixido a

Último ciclo de educación primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos de toda Galicia.

Descrición

O CEIDA xunto á Entidade Pública Augas de Galicia puxeron en marcha durante o curso 2013/2014 a REDE AUGA dos centros de ensino galegos. Esta REDE a forman aqueles centros educativos que se comprometeron a implementar boas prácticas entorno á auga a través do desenvolvemento de proxectos de investigación e divulgación durante este curso.

O I Congreso REDE AUGA quixo converterse nun lugar de encontro e escaparate dos proxectos realizados por estes centros. Este congreso tivo como relatores aos alumnos e alumnas que durante todo o curso traballaron no desenvolvemento dos proxectos de investigación e divulgación entorno a auga e terán a oportunidade de compartir as súas experiencias, obxectivos, metodoloxías, co resto dos integrantes da Rede.

Ademáis das presentacións orais de cada centro, habilitáronse diferentes espazos destinados ao debate e reflexión, así como de intercambio cos integrantes dos outros proxectos seleccionados.

Proxectos e centros participantes
  • Proxecto ACUO, do CPR Lestonac de Ferrol.
  • Ensaio de sistemas eficientes de rega en cultivos hortícolas: goteo convencional e goteo solar, do CFEA de Guísamo, Bergondo.
  • Pingas de Auga, do CEIP José Cornide Saavedra, A Coruña.
  • Proxecto de investigación Bágoa, do IES de Arzúa.
  • Análise das bacterias coliformes no río Sar e Sarela o seu paso por Santiago de Compostela, do IES de Sar, Santiago de Compostela.
  • A pegada invisible, do IES Maximino Romero de Lema, Zas.
  • Queremos ríos cheos de vida, do CPI Tino Grandío, Guntín.
  • Unha gotiña conta, do CPR Miraflores, Pereiro de Aguiar.
  • A xestión da auga no centro. Aproveitando as augas pluviais, do IES Lagoa de Antela, Xinzo de Limia.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio