• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Provincia de Ourense

Vostede está aquí

Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da Provincia de Ourense
Data
xoves, 9 Xuño, 2011
Lugar

Edificio Simeón (Ourense) 

Organiza

CEIDA, Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación de Ourense

Colabora
  • Xunta de Galicia
  • Insituto Jane Goodall
  • Centros Haley
Patrocina

Deputación de Ourense

Descrición

O cambio climático é hoxe o maior reto ao que se enfronta a nosa sociedade, e os seus efectos xa están confirmando a máis dura das previsións tanto a nivel global como local. En Galicia xa se poden constatar os seus efectos a través do cambio nos réximes de precipitación e xeadas, aumento da frecuencia de valores extremos na temperatura, períodos de seca, etc. En todos eles, a provincia de Ourense maniféstase como especialmente sensible.

O I Congreso de Educación Ambiental dos centros de ensino de Ourense “O Cambio Climático desde a escola” naceu coa finalidade de: 

  • Incentivar a realización de proxectos de educación ambiental que brinden a toda a comunidade educativa da provincia de Ourense a posibilidade de colaborar na loita contra o cambio climático.
  • Promover unha rede de centros educativos que desenvolvan proxectos de educación ambiental que permitan a toda a comunidade escolar traballar na redución de emisións nos centros educativos e nos fogares.
  • Consolidar o Congreso como un espazo de participación e debate, fortalecendo o papel dos centros educativos como difusores dunha nova cultura ambiental na sociedade.

Esta primeira edición do congreso “O Cambio Climático desde a escola”, celebrado o 9 de xuño de 2011, brindou aos verdadeiros protagonistas desta iniciativa, o alumnado, un lugar de encontro e escaparate daquelas experiencias, que xa estaban en marcha nos seus centros escolares e daqueloutras que xurdiron no curso 2010 – 2011, que tiveran como eixo central a educación e sensibilización sobre o cambio climático desde calquera das súas múltiples ópticas: sustentabilidade nos centros educativos, enerxía e aforro enerxético, consumo, auga, bosques, etc. 

Centros participantes

Dez foron os proxectos seleccionados: 

  • Pensa globalmente e actúa localmente do CEIP Saco e Arce (Toén)
  • A Expociencia do CPR Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar)
  • Como actuamos dende o CPI Antonio Faílde contra o Cambio Climático do CPI Antonio Faílde (Coles )
  • Revista escolar sobre cambio climático do CPR María Auxiliadora (Ourense)
  • Deixa de mirar. Frea o cambio do IES Carlos Casares (Viana do Bolo)
  • Plantando árbores despois da desfeita do lume intencionado do IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia)
  • Educación científica e desenvolvemento sostible do IES Otero Pedraio (Ourense)
  • Ecoauditoría: Aforro de enerxía no IES Lagoa de Antelado IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia)
  • Aproveitamos a enerxía que consumimos? do IES Aquis Querquernis (Bande)
  • O IES enerxéticamente autónomo do IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia)
Congreso escolar e Instituto Jane Goodall

Grazas á colaboración do Instituto Jane Goodall, os centros participantes pasaron a constituírse como un grupo Roots & Shoots e puideron compartir ideas e traballar en rede con outros grupos de máis de 100 países.

Información adicional

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio