Salas de Exposicións do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
Outono Fotográfico
Instantes, Festival de Fotografia de Avintes
Ana Robles, Pereira Lopes, Henrique Zorzan
O Outono Fotográfico é o Festival Galego de Fotografía; o decano da península ibérica, que chega neste 2015 á súa 33ª edición.
Este certame organiza exposicións e programas en espazos expositivos como galerías de arte, salas de exposicións institucionais, centros de ensino, Casas de Concellos, da Xuventude e de Cultura, lugares públicos, cafeterías... por toda Galicia e outros países.
Nesta edición o Outono Fotográfico, en colaboración con Instantes, Festival de Fotografia de Avintes, chega tamén ao CEIDA a través dunha exposición colectiva de Ana Robles, Pereira Lopes e Henrique Zorzan.
Mostra que retrata o avance dos colonos e o retiro dos indíxenas na Amazónia arxentina. Galardonada con múltiples premios a nivel internacional.
Cando Carmen Muñoz se cruzou coas fotografías de Pereira Lopes, sentiu un bálsamo e con elas veu de novo un remanso de pensamentos e inspiración poética. As fotografías retratan paisaxes de Cecebre, Fisterra, Avintes e Porto (Portugal). É un xeito de apreciar a lingua e as paisaxes galegas e portuguesas e así eliminar a efémera fronteira que existe entre eles.
O destino levou ao autor a un país con 942 km de costa e unha beleza litoral enorme. Alí despertou a súa paixón pola fotografía de paisaxes. Un solpor dourado e case sempre repleto de nubes para crear o contraste co azul do ceo. Este conxunto de oito fotografías pretende homenaxear un pobo de valentes navegantes onde se iniciou unha era de descubrimentos valiosos para a historia da humanidade.
Horario
Entrada
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org