• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Abrollar unha imaxe

Vostede está aquí

Exposicion Abrollar unha imaxe CEIDA
Data
martes, 2 Agosto, 2016 a mércores, 31 Agosto, 2016
Lugar

Salas de Exposicións do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Descrición

Do acto de incidir cun punzón de ferro sobor a superficie dura e oscura da pizarra para debuxar algunhas das prantas da Comarca das Mariñas, xurde un gravado gris que conxuga o orgánico da flora e da pedra nun encontro sutil e misterioso. Teremos que busca-lo ángulo exacto que faga abrollar a tímida imaxe da comunión do vexetal co mineral. 'Abrollar unha imaxe' consta de 47 pizarras gravadas directamente a man alzada sen debuxo previo cun punzón afiado. Nelas Nelas pódense atopar prantas medicinais como a herba dos carpinteiros (Achilea Millefolium), o fiuncho (Foenilicum Vulgare) ou o chopo branco (Verbascum Thapsus); especies tóxicas vinculadas a fortes supersticións como é o acebillo (Ruscus Aculeatus); ou outras especies como a xesta (Cytisus Scoparius), a herba do demo (Datura Stramonium), a carvexa (Rumex Crispus) ou a abrótega (Asphodelus Albus), entre outras.

Gándara-Golpe (Betanzos, 1970)

O autor da exposición é o artista de Betanzos que asina as súas obras como Gándara-Golpe, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona que a finais dos anos 80 tropeza co gravado na súa localidade natal. Realiza o Máster de Obra Gráfica na Fundación Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC). Desde entón expuxo as súas obras en lugares como Compostela, Sada, Portugal, Oviedo, Zurich ou Barcelona, e foi recoñecido, entre outros, co 3º premio de Escultura Consorcio Zona Franca de Vigo en 1996; 2º premio de Cerámica Xunta de Galicia no 1992 e o primeiro premio Carteles Hispalit no 1993.

Visitas

Horario

  • De luns a venres, de 10 a 14 h. e de 17 a 20 h.
  • Sábados, de 11 a 14 h.

Entrada

  • De balde

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio