• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Programa de Voluntariado: eliminación de especies exóticas invasoras nas Reservas da Biosfera de Galicia

Vostede está aquí

Programa de Voluntariado: eliminación de especies exóticas invasoras nas Reservas da Biosfera de Galicia
Organiza

CEIDA

Colabora
  • Reserva de Biosfera Área de Allariz
  • Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras do Burón.
  • Reserva de Biosfera Terras do Miño.
  • Reserva de Biosfera Os Ancares Lucenses.
  • Reserva de Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.
  • Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Patrocina

Co apoio da Fundación Biodiversidad.

Obxectivos

As especies exóticas invasoras están consideradas na actualidade a segunda causa de perda de biodiversidade a nivel mundial, tras a perda e fragmentación dos hábitat. Froito do actual e crecente proceso de globalización, o elevado tráfico (naval e terrestre, fundamentalmente) entre distintos países e continentes ten contribuído a aumentar de maneira significativa o fluxo de flora e fauna ao longo do planeta.

No ámbito das Reservas da Biosfera galegas tamén está presente esta problemática, ameazando en ocasións a conservación da biodiversidade existente nestas áreas e con especial importancia nos espazos naturais protexidos que configuran a súas zonas núcleo. Adquire especial relevancia a flora exótica invasora vinculada a ambientes costeiros, xeralmente de elevada fraxilidade e cuxas especiais características ambientais facilitan a presenza de hábitats e especies de elevado interese que se poden ver afectados pola propagación de flora especialista.

Dentro da  Campaña de Prevención e Control das Especies Exóticas Invasoras 'No seu Lugar',  o CEIDA oganiza este programa de voluntariado ambiental, que pretende, por unha banda, contribuir á erradicación de determinadas especies exóticas invasoras no territorio das Reservas de Biosfera de Galicia e, por outra, concienciar sobre as ameazas e impactos que estas especies causan na flora e fauna autóctona de cada lugar.

Dirixido a

Todos os públicos

Actividades
  • RESERVA DE BIOSFERA ÁREA DE ALLARIZ
    • Data: Martes, 10 de outubro.
    • Lugar: ​Paseo fluvial do río Arnoia (Allariz).
    • Horario: 12:00 -14:00 h.
    • Especie: Fento de auga (Azolla filiculoides). O fento de auga é un pequeno fento acuático que se estende por diversos ríos das provincias da Coruña, Ourense e Lugo (principalmente na bacía do río Miño). Debido ás densas capas que forma na superficie de ríos e encoros, afecta ao intercambio de osíxeno e á luminosidade das masas de auga, afectando á vexetación mergullada autóctona.

 

  • RESERVA DE BIOSFERA RÍO EO, OSCOS E TERRAS DE BURÓN. 
    • Data: Mércores, 11 de outubro.
    • Lugar: Praia de Arealonga (Barreiros)
    • Horario: 12:00 -14:00 h
    • Especie: Uña de gato (Carpobrotus edulis). Esta especie de orixe sudafricana ocupa grandes extensións en dunas, acantilados e outros espazos costeiros de Galicia, estendéndose inicialmente grazas ao seu emprego en xardinería. Trátase dunha planta rastreira que expulsa á flora nativa destes espazos singulares, ademais de alterar as condicións do solo.

 

  • RESERVA DE BIOSFERA TERRAS DO MIÑO
    • Data: Martes, 17 de outubro
    • Lugar: Barrio de Montirón, Lugo
    • Horario: 12:00 – 14:00 h
    • Especie: Eixerón (Conyza canadensis). Esta especie, procedente de América do Norte, aparece principalmente como mala herba en cultivos ou ambientes ruderais, aínda que tolera outros ambientes como cunetas, solos espidos en solares e obras, etc. É moi común na costa e está presente en toda a xeografía galega.

 

  • RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO
    • Data: Venres, 20 de outubro.
    • Lugar: Monumento Natural Costa de Dexo
    • Horario: 12:00 – 14:00 h
    • Especie: Sempreviva (Helichrysum petiolare). Esta especie de sempreviva, de chamativa coloración plateada e flores amarelas, está moi presente na actualidade en grandes extensións de toxeiras costeiras de gran valor ecolóxico na Rede Natura galega (fundamentalmente na provincia da Coruña). A súa rápida expansión afecta ás especies propias das nosas matogueiras costeiras, afectando á estrutura destes valiosos ecosistemas.

 

* En todos os casos realizarase a eliminación mediante arrincado manual das distintas especies. É recomendable traer roupa e calzado de traballo axeitados, visera e chubasqueiro en función do tempo. No caso de Allariz recomendable (non obrigatorio, xa que a actividade realizarase dende terra) botas de auga. O CEIDA aportará os materiais e ferramentas precisos para cada actividade.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio