CEIDA
Co apoio da Fundación Biodiversidad.
As especies exóticas invasoras están consideradas na actualidade a segunda causa de perda de biodiversidade a nivel mundial, tras a perda e fragmentación dos hábitat. Froito do actual e crecente proceso de globalización, o elevado tráfico (naval e terrestre, fundamentalmente) entre distintos países e continentes ten contribuído a aumentar de maneira significativa o fluxo de flora e fauna ao longo do planeta.
No ámbito das Reservas da Biosfera galegas tamén está presente esta problemática, ameazando en ocasións a conservación da biodiversidade existente nestas áreas e con especial importancia nos espazos naturais protexidos que configuran a súas zonas núcleo. Adquire especial relevancia a flora exótica invasora vinculada a ambientes costeiros, xeralmente de elevada fraxilidade e cuxas especiais características ambientais facilitan a presenza de hábitats e especies de elevado interese que se poden ver afectados pola propagación de flora especialista.
Dentro da Campaña de Prevención e Control das Especies Exóticas Invasoras 'No seu Lugar', o CEIDA oganiza este programa de voluntariado ambiental, que pretende, por unha banda, contribuir á erradicación de determinadas especies exóticas invasoras no territorio das Reservas de Biosfera de Galicia e, por outra, concienciar sobre as ameazas e impactos que estas especies causan na flora e fauna autóctona de cada lugar.
Todos os públicos
* En todos os casos realizarase a eliminación mediante arrincado manual das distintas especies. É recomendable traer roupa e calzado de traballo axeitados, visera e chubasqueiro en función do tempo. No caso de Allariz recomendable (non obrigatorio, xa que a actividade realizarase dende terra) botas de auga. O CEIDA aportará os materiais e ferramentas precisos para cada actividade.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org