20 h.
Domus (Rúa Ángel Rebollo, 91 - A Coruña)
Todos os públicos
Elisa Garrido
Doutora en Historia e Teoría da Arte pola Universidade Autónoma de Madrid. Tras licenciarse en Historia da Arte obtivo unha segunda licenciatura en Comunicación Audiovisual. En 2015 defendeu a súa tese doutoural realizada no Departamento de Historia da Ciencia do CCHS-CSIC, especializándose nos vínculos entre ciencia e arte a través da cultura visual e a comunicación científica. Despóis realizou a súa estancia postdoutoural no Museo Smithsonian de Historia Natural, en Washington DC, grazas a unha bolsa Fulbright. Actualmente traballa na Universidade Carlos III para un proxecto europeo da red HERA-Uses of the Past e prepara a edición da súa tese “Arte y Ciencia en la Pintura de Paisaje: Alexander von Humboldt”, que se publicará próximamente.
Que a Arte e a Ciencia presentan vínculos é indubidable, pero se falamos sobre a paisaxe, a figura de Alexander von Humboldt sitúase como un eslabón imprescindible entre a visión científica e o sentimento estético. A beleza, a través da viaxe de exploración, cobra sentido como motor do sentimiento de apreciación do entorno natural e a súa protección. Na conferencia que Elisa Garrido trae á Domus da Coruña presentaranse todas estas cuestións.
A entrada é de balde. Xa que o aforo é limitado, prégase confirmar asistencia en: formacion@ceida.org - 981 630 618
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org