Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
CEIDA
Suso Lista Neira (Corme, 1962)
Con 16 anos embarca na Mariña Mercante. Aos 25 comeza a traballar como percebeiro. É escritor, actor e guionista. Participou en series de televisión como Mareas Vivas, Padre Casares, ou Libro de Familia e en películas como Celda 211. Dende 2009 exerceu como actor e guionista da serie Para mariñeiros nós. En Radio Roncudo dirixiu o programa cultural O embigho do fin do mundo. No ano 2013 gana o Premio da Audiencia do VII Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega coa obra O demo nunca dorme. En 2014 publicou Salseiros, que foi seleccionado como un dos mellores libros do ano polos lectores na web Fervenzas Literarias, e resultou finalista do Premio Ánxel Casal ao mellor libro de Ficción que concede a Asociación Galega de Editores. En 2015 publicou Xeixos. En 2017 publica Charamuscas.
O Universo reflectido nun plano marabilloso e único - pola variedade de minerais que a compoñen entre os que destaca o Titanio - que é o lenzo da area da Praia do Osmo, en Corme, na Costa da Morte. Case que sempre buscamos tesouros en lugares lonxanos, sen darnos conta que, ás veces, moi preto de nós pódese agochar a beleza.
A mostra 'Arte Natural Efémera' de Suso Lista, é unha colección de fotografías nas que o vento, o mar, a choiva e a luz do sol son os auténticos artistas, debuxando na particular area da Praia de Osmo unhas formas que seguen patróns universais pero que, ao igual que as pegadas dactilares, son únicas e diferentes. Composicións efémeras que con cada marea, da que a lúa é a principal responsable, son destruidas, dando paso a novas formas e texturas que se farán visibles ca seguinte marea.
Invitámosvos a que, ao igual que a area do Osmo, deixédesvos levar polos sentidos e gocedes das sensacións que provocan estas fermosas imaxes, ás que Suso Lista tivo o atrevemento de secuestrar ca cámara do seu móbil para darlles un pouco máis de vida.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org