De 12 a 13 h.
Castelo de Santa Cruz (Oleiros)
As abellas e outros polinizadores están cada vez máis ameazados polas actividades do ser humano. Estes insectos non só permiten que moitas prantas se reproduzan, son indispensables para conservar a biodiversidade. Co fin de crear conciencia sobre a súa importancia, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución ao desenvolvemento sostible, as Nacións Unidas declararon o 20 de maio o Día Mundial das Abellas, coincidindo co cumpreanos de Antón Jansa, pioneiro no século XVIII da apicultura moderna na súa Eslovenia natal.
Esta actividade didáctica pretende dar a coñecer as abellas silvestres e convidar a observar e recoñecer estos insectos, a través dos rastros que indican a súa presenza. Inclúe unha pequena charla introdutoria e un roteiro interpretativo guiado polos xardíns da Illa de Santa Cruz.
Todos os públicos.
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org